A rede eléctrica de As Pontes modernízase tras as obras realizadas por Endesa

A veciñanza local poderá gozar unha mellora considerable do servizo tras unha inversión total de 225.000 euros

Endesa está a modernizar as súas infraestruturas de distribución de enerxía eléctrica nas Pontes, o que permitirá mellorar considerablemente a calidade do servizo que reciben os usuarios da localidade. Recentemente investíronse un total de 225.000 euros con ese fin.

A compañía tendeu unha liña subterránea de media tensión entre os centros transformadores de Magdalena 2 e do campo de fútbol, ademais de substituir unhas celas de cachotería por outras telemandadas en ambos os centros. Así mesmo, dotou á zona dunha rede subterránea de media tensión pechando o bucle de alimentación das liñas As Veigas -Tesouro-Ribeira- Poboados Novos, co obxecto de garantir dobre subministración en caso de emerxencias, así como conseguir a posibilidade de realizar manobras nesas liñas, que gañan operatividade. As melloras tamén afectan á comunicación directa das remotas das Pontes co centro de control de Barcelona.

Salir de la versión móvil