A rúa Antonio Machado das Pontes prepárase para melloras no saneamento

Sustituirase a antiga tubaxe por unha rede de PVC e posteriormente repavimentarase as zonas afectadas, polo que o tráfico rodado da rúa regularase nun só sentido

Imagen de la casa consistorial de As Pontes

O proxecto que ten preparado As Pontes para a rúa Antonio Machado permitirá a renovación da actual rede de saneamento, sustituindo a antiga tubaxe de formigón por unha rede con tubo de PVC. Ditas obras contan cun orzamento de 41.935 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental -FCA 2020-.

Entre os traballos previstos tamén se contempla a conexión das acometidas existentes, os sumidoiros e as baixantes dos edificios á nova canalización, e ademais executaranse pozos de rexistros de formigón con cuberta de fundición axeitada para o tráfico pesado.

A rede proxectada tamén se conectará no final a un pozo existente na intersección coa rúa Rego do Campo. Por outra banda, xunto coas obras de instalación da nova rede de saneamento, levaranse a cabo traballos de repavimentación nas zonas afectadas.

Por mor do uso de maquinaria na calzada, o Concello regulará no tramo das obras pertinentes o trafico nun solo carril por medio de semáforos, para evitar que o saneamento da rúa Antonio Machado afecte á circulación diaria.

Salir de la versión móvil