O pleno do Concello das Pontes aprobou por unanimidade este mércores 9 de setembro a proposta inicial da ordenanza reguladora para a concesión do dereito de ocupación temporal do solo público, para así facilitar a accesibilidade universal para persoas con mobilidade reducida aos edificios.
Este regulamento urbanístico permitirá, en todo o termo municipal, potenciar a accesibilidade a través da construcción de rampas móbiles ou elevadores, naqueles espazos que por cuestións técnicas ou económicas nos que non sexa posible garantir a accesibilidade universal doutra forma.
Pola súa parte o concelleiro de Urbanismo, Antonio Alonso, remarcou que «terá maior incidencia en zonas e barrios, donde constructivamente non foi posible mellorar a accesibilidade nos edificios nos últimos anos, fundamentalmente nos poboados da Fraga, Magdalena e Barreiro».
Certas condicións para a súa elaboración
Asi mesmo establece as condicións necesarias para a concesión do dereito de ocupación do solo público de xeito que se concederá cando non resulte viable ningunha outra solución, nin técnica nin económicamente, cando a solución presentada esté integrada visualmente na fachada do edificio, se asegure a funcionalidade dos espazos libres, redes, infraestruturas e servizos urbanos e se garantice o cumprimento de todo o establecido na normativa vixente en materia de accesibilidade, entre outros aspectos.
Para poder solicitar esta concesión será necesario presentar un estudo previo que defina as actuacións a realizar na edificación así como das correspondentes á vía pública, que deberá ser presentado pola propiedade do inmoble.
Lugares onde se aplicará
Esta norma será de aplicación nos edificios e establecementos, tanto de uso público como privado, así como en edificios de vivendas plurifamiliares, sempre que e cando non sexa posible resolver a accesiblidade no seu interior ou a través do espazo exterior sen ocupar a vía pública.
Tras a probación polo pleno municipal abrirase un prazo de información pública e audiencias ás persoas interesadas polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións. Unha vez finalizado o prazo de alegacións e resoltas as mesmas, a ordenanza entrará en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.