A Xunta, a Deputación e o Concello das Pontes urxen ao Goberno central medidas para que Endesa reactive a central mentres se buscan biocombustibles alternativos

Crearase nas Pontes unha Oficina de Reindustrialización para apoiar e coordinar proxectos empresariais que xurdan para garantir o futuro industrial da comarca
La mesa de trabajo por As Pontes está compuesta por diferentes entidades y administraciones implicadas en el proceso de transición
La mesa de trabajo por As Pontes está compuesta por diferentes entidades y administraciones implicadas en el proceso de transición

A Xunta, Deputación da Coruña e o Concello das Pontes urxiron hoxe ao Goberno central á posta en marcha das medidas necesarias para que Endesa reactive a central térmica mentres se buscan biocombustibles alternativos.

Tras un encontro co grupo de traballo local por unha transición enerxética xusta para Endesa, e logo de recordar a situación límite pola que atravesan os transportistas, a enorme preocupación das empresas auxiliares e a incerteza que está a vivir a plantilla, o presidente da Xunta aseverou que ningún plantexamento pode ser distinto a manter operativa a central térmica para, dentro dunha necesaria transición enerxética ordenada, ir diminuíndo as toneladas de carbón en substitución por biocombustible.

“Estamos a falar da central térmica máis importante de España e que investiu máis de 200 millóns de euros para cumprir a normativa europea”, lembrou, incidindo en que Galicia seguirá traballando de forma coordinada, con firmeza e con diálogo por unha transición enerxética ordenada e sen rotura.

Logo de precisar que esta demanda se trasladará á mesa de traballo que terá lugar o vindeiro 10 de marzo, os representantes das administracións fixero fincapé na necesidade de aprobar mecanismos fiscais, como o céntimo verde, así como de reclamar máis fondos á Unión Europea. Non en van, España recibiu para transición enerxética 300 millóns de euros, fronte aos case 900 millóns de Alemaña e aos 2.000 millóns de Polonia.

Por outra banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, confirmou tamén a creación, en colaboración coa Xunta de Galicia, dunha Oficina de Reindustrialización para apoiar e coordinar proxectos empresariais que xurdan para garantir o futuro industrial da comarca, ademais de garantir o apoio daquelas iniciativas relacionadas coa ampliación do chan industrial no concello.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.