Abre o plazo de inscrición dos campamentos urbanos de As Pontes

O principal obxectivo é axudar ás familias a conciliar a vida persoal e laboral durante o período estival
IMG_1186

O  Concello das Pontes abrirá mañá, 12 de xuño, o período de  inscrición nos campamentos urbanos de conciliación familiar, unha iniciativa municipal, dirixida a menores de entre 4 e 12 anos, que ten como obxectivos esenciais axudar ás familias das Pontes a conciliar a vida persoal e laboral durante o período estival.

As actividades levaranse a cabo durante os meses de xullo e agosto, en horario de 09:00 a 14:00 horas, no colexio da Magdalena. O número de prazas nesta edición quedará limitado a 45 menores por quenda para, deste xeito, cumprir cos protocolos de hixiene e seguridade establecidas polas autoridades sanitarias no ámbito do desenvolvemento de actividades ao aire libre para a poboación infantil e xuvenil.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas nos campamentos urbanos de conciliación deben estar empadroados no Concello das Pontes e traballando durante o período estival e, no caso de non estar traballando contémplase a circunstancia de ser coidador dunha persoa dependente ou estar realizando algún curso de formación.

As familias interesadas en participar nesta iniciativa poden recoller o modelo de inscrición no departamento de Servizos Sociais (Casa Dopeso, 2º andar) e formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello ( previa cita chamando ao 667 12 93 89-667 12 93 80) en horario de 08:30 a 13:30 horas, desde o 12 ao 19 de xuño, ambos os días  incluídos. As solicitudes tamén se poderán presentar a través da sede electrónica.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.