Ana Pontón di que só o BNG pode pelexar para que os fondos europeos para a descarbonización cheguen a As Pontes

A candidata do Bloque visitou a vila pontesa e comprometeuse a desenvolver un plan de industralización e a atraer inversión á comarca
2020062412585365396

A candidata á Presidencia, Ana Pontón, aproveitou o acto do BNG nas Pontes para comprometerse cun «proceso de industralización igual ao que se está facendo noutros países como é o caso de Alemaña, cun plan plurianual para as comarcas afectadas pola transición enerxética dotado de recursos e negociado con todas as partes implicadas». A nacionalista acusou ao Goberno da Xunta e do Estado de «pasividade» ante o anuncio do peche de Endesa nunca comarca «impactada de cheo pola desertización industrial».

A líder do Bloque dixo destacou que o Estado español vai recibir 140.000 millóns de euros da Unión Europea, “e Galiza precisa ter un goberno que defenda os seus intereses para que reciba a parte que lle corresponde dese fondo e só o BNG pode facelo fronte a unhas forzas estatais que se moven entre a confrontación partidista e submisión».

Pontón tamén aproveitou o acto aberto coa militancia e co veciñanza das Pontes para enviar todo o seu apoio as persoas que están hoxe nas rúas en defensa doutro modelo de servizos sociais, deixando claro que un goberno liderado polo BNG vai facer do coidado dos maiores e das persoas máis vulnerables unha cuestión prioritaria da súa acción política. Igualmente, a líder nacionalista volveu expresar a súa preocupación polo feito de que a Xunta non teña protocolo concreto e definido de como actuar ante un posible rebrote.

Solo empresarial para a comarca

O cabeza de lista pola Coruña, Xosé Luís Rivas, calificou a situación que vive As Pontes de «agravio» e preguntouse porqué Galicia non entra nos plans de descarbonización, “e porqué nin o goberno central nin o galego lle esixen á empresa, Endesa, agora en mans italianas tras sen unha empresa pública, un plan alternativo para a central das Pontes”.

Igualmente, Rivas fixo referencia a necesidade de solo empresarial no concello e na comarca. “É de caixón: se queremos traer empresas para este concello, para esta comarca, terán que ter un sitio onde ubicarse. Pois o PP en once anos non foi capaz de poñer en marcha nin un só metro cadrado de solo empresarial nesta área. O BNG insistiu en que «porase mans á obra para crear solo industrial nesta comarca, só hai que querer facer as cousas, buscar solucións, porque desde a inacción política nada se consigue”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.