Arranca o segundo programa formativo da Universidade Senior

Máis de medio centenar de persoas participan nesta iniciativa académica dirixida a maiores de 50 anos nas Pontes

O CEIP A Magdalena, en As Pontes, acollía esta tarde a xornada inaugural da segunda edición do programa formativo “Compartir experiencias e coñecemento”  promovido polo Concello das Pontes, a Universidade Sénior e Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña.

Esta primeira xornada, na que participan 56 veciños e veciñas de As Pontes e que se desenvolverá, todos os mércores e xoves, de 17:00 a 19:00 horas, ata mes de marzo nas aulas do colexio A Magdalena, contou coa presenza de Tania Pardo Cabarcos, concelleira de Educación e Matilde García Sánchez, directora da Universidade Sénior.

O programa formativo, impartido polo profesorado da Universidade da Coruña, articúlase entorno a tres módulos centrados en aspectos relacionados, en primeiro lugar, co patrimonio social e cultural e a lingua galega. Haberá un módulo sobre medio ambiente e a sustentabilidade, no que se abordarán temas relacionados coa bioloxía, a zooloxía ou a botánica mentres que o terceiro módulo estará dedicado á saúde e a calidade de vida, con contidos sobre saúde, exercicio físico e neurociencia.

Cada seminario inclúe dúas sesións teóricas e unha sesión práctica con visitas a diferentes espazos de interese  patrimonial ou natural, tales como a Serra do Xistral, así como unha sesión práctica de exercicio terapéutico.

 

Salir de la versión móvil