As choivas fan perigar a produción de grelo desta tempada

Os produtores de Monfero e de As Pontes non saben se poderán cubrir a demanda da hortaliza, que arranca con varias semanas de retraso

O producto estrela do inverno, e máis tratándose da comarca do Eume, é o grelo. Esta hortaliza de gusto ácido e ao tempo sedosa é a reina dos primeiros festexos do ano, como o Entroido, e ten a súa propia festa de exaltación nestas datas. Na comarca, a meirande parte da producción ven da cooperativa do Val de Xestoso, en Monfero. Conta actualmente con máis de cen socios e cerca de cincuenta productores que este ano miran para o ceo con preocupación polas incensantes choivas dos últimos meses.

A xerente da cooperativa, Francisca Couto, confirma que non está a ser un bo ano para a producción. Escasea e vai con moito retraso. “O grelo quere frío seco e este ano tivemos moita agua”, explica. “Xa dende que naceron cubríronse de herba e dificultoulles moito o crecemento”. A producción tiña que estar xa case lista e sen embargo aínda non empezaron a recollela, cando por estas datas o pasado año xa mandaran unhas cantas remesas de grelos para Madrid.

A demanda é alta e preocupa entre os productores non poder cubrila totalmente. “Non vai ser doado chegar ao 30.000 kilos que vendimos o pasado ano. Haberá que esperar un pouco máis, ata fináis do mes de xaneiro, para empezar a recollela”, di Francisca. Esta escasez tamén vai afectar ao prezo, que probablemente supere os dous euros por mada do pasado ano.

A Feira
O tempo bótase encima cando tes ás portas unha das feiras máis importante do ano para o sector, a Feira do Grelo de Monfero, que cada ano desde fai veinún atrae a miles de visitantes de toda a contorna. Os auténticos grelos de Xestoso sí estarán na feira, que celebrará a súa vixésimo primeira edición o próximo 16 de febrero.

A xornada comezará ás 10.00 horas coa benvida de todos os asistentes e o pregón a cargo do periodista Ramón Loureiro, o disparo de bombas de palenque anunciando o inicio da feira e o comezo da exposición de maquinaria agrícola. Media hora máis tarde dará inicio a exposición e venda de grelos e produtos do campo e todos os presentes poderán deleitarse coa actuación dos grupos folclóricos da zona.

Ás 12.00 horas terá lugar o Concurso de Madas de Grelos e a cesta máis adornada. A partir das 13.00 horas realizarase a lectura do pregón. A continuación veciños e visitantes poderán gozar dunha gran comida cuxo menú estará compostos por lacón, chourizos, costela, orella, patacas e, por suposto, o gran protagonista desta xornada, o grelo. O prezo do menú será de 13 euros.

Salir de la versión móvil