As pemes e autonómos ponteses xa poden solicitar as axudas do Plan de Reactivación Económica

Haberá dúas liñas de 600 e 500 euros para os negocios que pecharon polo Estado de Alarma ou perderon máis do 75% da súa facturación
El Concello de As Pontes
El Concello de As Pontes

As Pontes abre mañá, venres 12 de xuño, o prazo para presentar as solicitudes das axudas do Plan Municipal para a Reactivación Económica e Laboral do Concello das Pontes, destinadas a paliar o impacto económico, social e laboral derivado da crise sanitaria provocada polo Covid 19 sobre as microempresas e persoas autónomas do municipio.

O plan de reactivación económica e laboral conta con dúas liñas de achegas; unha cota fixa de 600 euros para persoas físicas e xurídicas afectadas polo peche dos seus establecementos debido ao Estado de Alarma e outra liña, cunha cota fixa de 500 euros, para aquelas persoas autónomas ou micropemes que sufriran unha redución da súa facturación de polo menos o 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do Estado de Alarma.

Entre os gastos subvencionables atópanse a cota da seguridade social, arrendamentos e canons, reparacións e conservacións, servizos profesionais independentes, gastos de subministración (auga, luz, gas ou teléfono) o outros gastos como útiles de desinfección, cotas de préstamos ou amortizacións. As solicitudes, acompañadas da información complementaria, deberán dirixirse ao IPPEC e presentarse, ata o 10 de xullo –incluído- por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello das Pontes.

Todas as persoas interesadas en solicitar estas axudas poden obter máis información na páxina web do Concello das Pontes, no apartado de subvencións.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.