As Pontes achegará 140.000 euros ás entidades culturais do municipio

Os interesados poderán solicitar as subvencións ata o 5 de xullo a través da sede electrónica do Concello
Imagen de la casa consistorial de As Pontes
Imagen de la casa consistorial de As Pontes

O Concello de As Pontes destinará 140.000 euros ás subvencións para as entidades culturais do municipio durante o ano 2020. Estas achegas teñen como obxectivo esencial «apoiar e contribuír a fomentar a participación cidadá no ámbito da cultura, impulsando, deste xeito, na democratización da sociedade», explican desde o goberno local.

A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo así como os gastos en infraestruturas e equipamentos executados ou adquiridos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

Para acceder a estas subvencións é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes comeza o venres 26 de xuño e remata o venres, 5 de xullo. Pódese obter máis información sobre estas achegas na páxina do Concello de As Pontes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.