As Pontes achegará 140.000 euros ás entidades culturais do municipio

Os interesados poderán solicitar as subvencións ata o 5 de xullo a través da sede electrónica do Concello

Imagen de la casa consistorial de As Pontes

O Concello de As Pontes destinará 140.000 euros ás subvencións para as entidades culturais do municipio durante o ano 2020. Estas achegas teñen como obxectivo esencial “apoiar e contribuír a fomentar a participación cidadá no ámbito da cultura, impulsando, deste xeito, na democratización da sociedade”, explican desde o goberno local.

A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo así como os gastos en infraestruturas e equipamentos executados ou adquiridos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

Para acceder a estas subvencións é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes comeza o venres 26 de xuño e remata o venres, 5 de xullo. Pódese obter máis información sobre estas achegas na páxina do Concello de As Pontes.

Salir de la versión móvil