As Pontes aforrará 70.000 euros anuais co novo sistema de bombeo para o abastecemento de auga

Os novos equipos que se instalarán contarán cun maior rendemento e eficiencia enerxética
DSC03225-1024x682

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes aprobou a licitación das obras de substitución do sistema de bombeo para mellorar a eficiencia e rendemento do abastecemento municipal, uns traballos cun orzamento de 56.525 euros e que serán financiados a través da achega provinte do Fondo de Compensación Ambiental.

A práctica totalidade da auga do sistema de abastecemento do Concello de As Pontes pasa polo bombeo da auga bruta situado na zona do Encoro de A Ribeira, que está en funcionamento unha media de 15 horas ao día, elevando a auga desde o Río Eume ata a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Pontoibo, situada enriba do bombeo de captación.

A actual bomba que capta a auga directamente do encoro non é capaz de elevar por sí mesma a auga ata a ETAP, polo que este equipo traballa unicamente como equipo de apoio ás bombas principais que captan a auga do Río Eume.

Os traballos permitirán adecuar as instalacións á normativa vixente optimizando e obtendo un maior rendemento e eficiencia enerxética na estación de captación e bombeo do Encoro da Ribeira mediante o subministro e instalación de novos equipos de bombeo, de xeito que as bombas teñan a autonomía suficiente para abastecer á ETAP de auga bruta sin necesidade do apoio da captación do Río Eume.

Procederase a substitucion e adaptación da caldeirería existente mediante a renovación dos colectores de aspiración e impulsión do grupo que abastece dende o embalse, á renovación da instalación eléctrica e a montaxe dun variador de frecuencia que permita adaptar a potencia entregada según a demanda da ETAP mellorando a eficiencia enerxética e reducindo o consumo anual cun aforro de 70.000 euros ao ano, así como o aumento da vida útil dos equipos desta Estación de Bombeo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.