O pleno do Concello das Pontes aprobou onte, por unanimidade, a bonificación do 95% de tres ordenanzas fiscais para promover e fomentar o asentamento de iniciativas empresariais no municipio e incentivar a creación de emprego.
Por un lado deuse luz verde á ordenanza fiscal municipal que regula o Imposto sobre bens inmobles (IBI) que establece unha bonificación do 95% do imposto nos inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias do fomento do emprego.
Tamén acordouse a bonificación do 95% sobre o imposto de actividades económicas (IAE) aplicable no caso de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial así como naqueles casos que consistan na ampliación das instalaciónes e leven asociados a xeración de novos postos de trababllo.
Asemade aprobouse unha bonificación do 95% no imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) aplicable a novas actividades económicas ou para a ampliación de instalacións existentes sempre e cando impliquen a creación de emprego.
A responsable de Industria, Ana Pena, resaltou que “no noso concello xa existían diversas bonificacións aprobadas encamiñadas á fomentar o asentamento de novas iniciativas industriais no noso municipio. Continuamos con esta liña de traballo para atraer novas empresas e potenciar a economía local, ampliando ditas bonificacións”
Discussion about this post