As Pontes avanza nos trámites para a creación dunha residencia de saúde mental

O novo equipamento sanitaria terá 1.000 metros cadrados e capacidade para 25 persoas
Imagen de la casa consistorial de As Pontes
Imagen de la casa consistorial de As Pontes

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes aprobou, a semana pasada, de forma provisional, o Plan de Infraestuturas e Dotacións que permitirá creación dunha residencia de saúde mental no municipio.

A través deste procedemento, transformarase unha parcela de solo rústico a equipamento sanitario asistencial de carácter privado, delimitando o espazo para a nova infraestrutura e establecendo e ordeando as infraestruturas relativas aos sistemas de comunicación e transporte, á subminstación de enerxía, así como á rede abastecemento e de evacuación de augas residuais, xunto coas medidas precisas para a axeitada integración e protección da contorna, garantindo a súa funcionalidade e accesibilidade universal.

Este documento, tras a súa aprobación por parte da Consellería de Medio Ambiente, permitirá continuar cos trámites necesarios para a concesión da licenza para a construción dun novo equipamento sanitario, de interés xeral, de 1.000 metros cadrados e capacidade para 25 persoas.

Este será o segundo complexo residencial para persoas con enfermidades mentais que existe na provincia da Coruña e o concelleiro de Urbanismo, Antonio Alonso, apunta que “esta residencia, promovida pola Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, que contará coa financiación do Concello das Pontes para a súa contrución, ten un carácter inclusivo e social de primeira orde, orientado a mellorar a calidade de vida dun colectivo con necesidades de atención especializada, aumentando a súa calidade de vida proporcionando, ao mesmo tempo, un importante alivio familiar ás persoas coidadoras”.

O edil tamén sinalou que “a posta en marcha deste centro potenciará a economía da nosa vila, impulso vinculado non só a construción da residencia senón tamén a súa posta en marcha, estimándose en 20 o número de postos de traballos de carácter asistencial, terapéutico e administrativo que se xerarán en torno a este novo equipamento sanitario que pronto se sumará aos xa existentes na vila e na provincia”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.