As Pontes concedeu máis de 110.000 euros en axudas directas a empresas locais para paliar o impacto do Covid

O 90% das solicitudes foron aprobadas e se lles outorgou a máxima coantía posible según a súa situación
FOTO-URBO-2

O Concello das Pontes publicou hoxe a resolución definitva das axudas do Plan Municipal de Reactivación Económica e Laboral do Concello das Pontes (APREL 2020), destinadas a paliar o impacto económico, social e laboral, derivado da crise sanitaria provocada polo COVID 19 sobre as microempresas e persoas autónomas do Concello das Pontes, as que destinarará un total de 111.300 euros.

Presentáronse un total de 228 solicitudes das cales o 90% resultaron beneficiarias, concedéndose en todos os casaso, a máxima coantía económica estipulada nas bases.  Os listados definitivos das axudas concedidas poden consultarse na páxina web do Concello.

Ana Pena, responsable de Industria lembrou que “desde o Concello das Pontes entendemos da situación que están atravesando as empresas e as persoas traballadoras neste proceso de recuperación polo que intentamos ser o máis áxiles posibles na resolución desta convocatoria dirixia a paliar os  efectos da crise económica e laboral provocada pola pandemia, e contribuír na recuperación dos índices de emprego e actividade empresarial do municipio, que conta hoxe con máis de 700 autónomos e microempresas de todos os sectores”.

Por outra banda, Ana Pena, adiantou que  habilitarán «unha nova convocatoria de xeito inmediato, para asegurar que as axudas chegan ao 100% dos veciños e veciñas solicitantes que viron seriamente prexudicada a súa actividade económica e laboral por mor da pandemia ”

Entre 500 e 600 euros de axudas

O Plan Municipal de Reactivación Económica e Laboral do Concello das Pontes (APREL 2020), destinadas a paliar o impacto económico, social e laboral, derivado da crise sanitaria provocada polo COVID 19 sobre as microempresas e persoas autónomas do Concello das Pontes conta con dúas liñas de achegas; unha cota fixa de 600 euros para persoas físicas e xurídicas afectadas polo peche dos seus establecementos durante o Estado de Alarma e outra liña, cunha cota fixa de 500 euros, para aquelas persoas autónomas ou micropemes que sufriran unha redución da súa facturación de polo menos o 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do Estado de Alarma.

Entre os gastos subvencionables atópanse a cota da seguridade social, arrendamentos e canons, reparacións e conservacións, servizos profesionais independentes, gastos de subministración (auga, luz, gas ou teléfono) o outros gastos como útiles de desinfección, cotas de préstamos ou amortizacións.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.