As Pontes contratará a oito persoas a través do Plan de Emprego Local da Deputación

A achega, de máis de 46.000 euros, permitirá incorporar a sete peóns e un limpiador durante cinco meses
2017052217241486095

O Concello das Pontes contratará a oito persoas, sete peóns e un limpador, durante 5 meses, con cargo a unha achega de máis de 46.000 euros procedentes do Plan de Emprego Local (PEL) de Deputación da Coruña, dirixido ao concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

As oito persoas realizarán diferentes actuacións no termo municipal, tales como o mantemento e limpeza de espazos públicos municipais, así como garantir a cobertura dos servizos públicos esenciais para a cidadanía.

As persoas interesadas en optar a estas prazas deben, entre outros, cumprir cos seguintes requisitos; ter cumpridos os 16 anos de idade, non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función, non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo do Estado,Comunidade Autónoma ou Administración Local, así como acreditar o coñecemento do idioma galego coa presentación do certificado CELGA 2 ou a súa validación.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes, acompañadas da documentación esixida na convocatoria, desde o 23 de maio ata o 1 de xuño no Rexistro Xeral do Concello de As Pontes. O horario de presentación será de luns a vernes, de 09:00 a 14:00 horas, solicitando con anterioridade cita previa, a través dos teléfonos 667 129 389 ou 667 129 380 para evitar aglomeracións e cumprir, deste xeito, coas normas de seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.