As Pontes da luz verde aos proxectos do POS 2023 por valor de 1,8 millóns

Permitirán executar quince proxectos de mellora de servizos e pavimentos en diferentes rúas da localidade
Momento da votación no pleno
Momento da votación no pleno

O Concello das Pontes aprobou hoxe, por unanimidade, os proxectos que serán financiados pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS 2023) que suporán un investimento de 1.823.328 euros. A achega da Deputación da Coruña inclúe tres partidas, unha de 498.608 euros euros correspondente á achega provincial do ano 2023, outra correspondente á achega do 2022 cunha contía de 258.580 euros e unha última partida de 1.066.139,69 euros correspondente ao POS Complementario 2023, que permitirán executar 15 proxectos que seguen a folla de ruta marcada polo goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e renovar e ampliar os servizos públicos do municipio.

A través da achega provincial 2023 para o financiamento e subministracións vanse levar a cabo tres actuacións entre as que se atopan a segunda fase das obras de mellora de servizos e pavimentos na rúa Pardo Bazán, cun orzamento de 225.647 euros, tamén se executará a mellora da pavimentación e servizos na rúa Pontedeume, un proxecto valorado en 206.381 euros e levarase a cabo a reparación e mellora do firme en Paipaz e as Gañidoiras cun orzamento de 66.579 euros. Por outra banda, da asignación da achega do ano 2022 destinaranse 166.538 euros para a reposición de servizos e pavimentos na avenida da Habana, entre o número 99 e o cruce coa rúa Cabanas, adicaranse 60.164 euros á mellora de pavimentos no camiño de Cabeza dos Fornos e Casas Ermas. Así mesmo, investiranse 31.878 euros na mellora e reposición do firme nos Candedos.

O pleno municipal tamén aprobou o POS Complementario, que suporá un investimento de 1.066.139 euros que se destinarán a nove actuacións entre as que se atopan o proxecto básico e de execución de renovación do pavimento e melloras de utilización na rúa Real (fase 2) cun orzamento de 89.518 euros así como a mellora de servizos e pavimentos na avenida de Lugo, entre os números 21 e 45, valorada en 165.341 euros, e a renovación urbana na avenida das Campeiras (fase 2), proxecto valorado en 112.041euros.

Destinarase unha partida de 109.053 euros ao proxecto básico e de execución de mellora de servizos e pavimentos na Rúa da Balsa e unha partida de 222.449 euros irá destinada á mellora de pavimentación e servizos na rúa do Sol e outra de 38. 408 euros dedicarase ao proxecto de reparación e mellora do firme no Cameleiro. Investiranse 113.730 euros na pavimentación de varios viarios na parroquia de San Xoán do Freixo, procederase á reparación da capa de rodaxe nos viarios de O Rego, O Couce e O Castro, traballos orzamentados en 36. 130 euros. Ademais adicaranse 179.465 euros a mellora da beirarrúa e servizos, na marxe dereita, da rúa Rego do Muíño.

Tamén se deu luz verde ao POS Adicional para gastos extraordinarios do exercicio 2023, por valor de 145.427 euros, dos cales 127.000 euros serán destinados a gasto corrente da área de servizos sociais e que permitirán o reforzo e ampliación do persoal técnico adscrito aos servizos sociais do Concello, á ampliación das partidas orzamentarias do concello destinadas a axudas de emerxencia ás persoas en risco de exclusión social, ampliar o servizo de axuda a domicilio así como crear unha liña de axudas económicas para os gastos de consumo enerxético ás persoas consumidoras vulnerables.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.