As Pontes destinará 40.000 euros ás axudas municipais para a escolarización

O prazo para a solicitude destas axudas, destinadas á compra de libros, material escolar ou informático, comeza o martes, 23 de xuño

INICIO CURSO ESCOLAR ANTONIO MACHADO DIECISEIS DE SEPTIEMBRE DE DOS MIL OCHO 16/09/08 *** Local Caption *** LEGISLATURA 2007 - 2011

O Concello das Pontes destinará 40.000 euros ao programa municipal de axudas para a escolarización, dirixidas a atender os gastos orixinados polo inicio do curso escolar 2020-2021, un 14,5% máis con respecto ao curso pasado. Estas achegas están destinadas a atender os gastos de adquisición de libros e material escolar ou informático do alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos do municipio.

No caso do alumnado de Educación Infantil de 0 a 3 anos, a axuda poderá alcanzar os 30 euros. Para Educación Infantil de 3 a 6 anos a contía elévase a 100 euros, ao igual que para Educación Primaria e Secundaria. Os ciclos Formativos e o Bacharelato subvencionaranse con ata 140 euros e o alumnado matriculado en FP básica recibirá axudas de 80 euros.

Para solicitar estas achegas é necesario figurar no padrón das Pontes, ter un ingresos anuais que non superen os 20.500 euros e ter presentado a solicitude de reserva de matrícula ou de admisión nun centro público da localidade, no caso do alumando de bacherelato e ciclos formativos, e estar ao corrente coas obrigas fiscais da Axencia Tributaria, Seguridade Social e Concello de As Pontes. Unha vez que a persoa beneficiaria este en posesión da achega para a escolarización,  poderá adquirir os libros, material escolar ou material informático, nos establecementos do concello, a súa libre escolla, antes do 10 de novembro de 2020.

As solicitudes, así como a documentación esixida, poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral do Concello (con cita previa chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de 08:30 a 13:30 horas, nun prazo de 20 días naturais a contar desde o día 23 de xuño. Asemade, abrirase un prazo extraordinario en setembro (desde o 21 ao 30 de setembro de 2020), para aquel alumnado que por obrigación ten que formalizar a matrícula en setembro.

 

Salir de la versión móvil