As Pontes e Maia, xuntos por un desenvolvemento sustentable

intercambios gal-po

O Concello das Pontes acolleu a visita de representantes da cámara municipal de Maia (Portugal) para coñecer, de primeira man, exemplos de boas prácticas, así como as políticas públicas adoptadas en diferentes territorios, para implementar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable fixados pola ONU na Axenda 2030.

Durante dous días, membros do goberno local, técnicos municipais e axentes do tecido socioeconómico das Pontes afondaron, da man de persoal do Instituto Marquês de Valle Flôr de Lisboa, na Axenda 2030, nos seus principios e obxectivos.

A continuación intercambiaron información sobre o traballo levado a cabo por As Pontes e Maia a prol dos ODS, e achegáronse máis polo miúdo ás diferentes fases da localización dos ODS (sensibilización, adaptación, implementación e monitorización) co obxectivo de favorecer a súa implementación no eido local e de impulsar novas dinámicas de gobernanza.

Este encontro forma parte do programa Intercambios Galicia-Portugal: os municipios a prol dos ODS; organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e no que participan, xunto ao Concello das Pontes, os concellos de Guitiriz, Ponteareas, Vilagarcía, Pontevedra e Verín.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.