As Pontes entregará a domicilio as axudas do banco de alimentos

Protección Civil será a encargada de facer o reparto casa por casa para evitar que os veciños se despracen.
180639_1

O Concello das Pontes comezou esta semana a entrega, a domicilio, dos víveres do Banco de Alimentos co obxectivo de evitar a extensión do coronavirus. Desde o departamento de Benestar Social, en colaboración con Protección Civil, púxose en marcha este dispositivo que permitirá levar as axudas “casa a casa” evitando que as 75 familias beneficiarias teñan que desprazarse ata a Casa Dopeso para recoller os alimentos.

A través deste sistema o Concello das Pontes busca seguir dando cobertura ás necesidades alimentarias detectadas no municipio así como garantir o cumprimento das medidas de protección, mobilidade e seguridade decretadas polo goberno central para conter a propagación do COVID-19.

Tania Pardo, responsable da área, apunta que “o Concello das Pontes fai entrega destas axudas catro veces ao ano, nesta ocasión a situación sanitaria facía imposible a recollida dos alimentos nas instalación municipais e optamos por facer a entrega , de máis de 4.000 quilos de comida, a domicilio para cubrir as necesidades de máis de 170 persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade, evitando que ninguén quede atrás”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.