As Pontes executará obras de mellora na marxe dereita da AC-564

Investiranse 150.658 euros en crear una nova rede de saneamento e renovar as beirarrúas nun tramo de máis de medio quilómetro
AC-564 ao seu paso por Goente
AC-564 ao seu paso por Goente

O Concello das Pontes, tras acometer, no ano 2019, as obras de mellora de servizos e seguridade viaria na marxe esquerda da AC-564 ao seu paso por Goente, ten previsto continuar coa mellora deste viario co execución dun proxecto de características similares na súa marxe dereita.

O proxecto, cun orzamento de 150.658 euros, con cargo á Deputación da Coruña, permitirá á reposición dos actuais servizos de saneamento, abastecemento e iluminación así como a mellora da beirarrúa existentes, entre o punto quilométrico 17,200 e o 17,800.

A nova rede de saneamento incluirá a execución dunha rede de pozos de acometida e pozos de rexistro mentres que a rede de abastecemento desdobrarase. Por un lado estará a liña procedente da rede municipal, desde o inicio da actuación ata a conexión co ramal de estación de bombeo e, en paralelo, discorrerá unha liña de repartición desde a cal se realizarán as acometidas domiciliarias mediante as válvulas correspondentes. As obras completaranse coa instalación da canalización da iluminación pública, con arquetas de rexistro.

Por outra banda, a reposición das beirarrúas existentes contémplase como unha mellora da seguridade coa que se regularizará e ampliará, nos lugares nos que sexa preciso, para deste xeito cumprir coa normativa vixente en materia de accesibilidade e seguridade. Construirase unha beirarrúa de formigón continúo, sen bordo prefabricado, armada con malla como reforzo, dándolle un acabado picado antiescorregadizo, con achega de cuarzo e colorante da mesma cor que a beirarrúa da marxe esquerda.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.