As Pontes inicia as obras da última fase de remodelación da Avenida de Galicia

O proxecto, financiado pola Deputación con 227.563 euros, ten como obxectivo dar máis espazo aos peóns
mural-1024x768

O Concello das Pontes iniciará o luns, 13 de xullo, os traballos da última fase das obras de rehabilitación da Avenida de Galicia coa  substitución da capa de rodadura existente por aglomerado impreso para aumentar a seguridade e comodidade do viario.

Para levar a cabo estas tarefas procederase ao corte do tráfico rodado, no tramo comprendido entre a Praza do Hospital e a Pontes de Isabel II, habilitándose o acceso á vila a través da Ponte da Presa de Alende e da Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, quedando, no caso dos vehículos pesados, limitado o acceso ao centro urbano a través desta última rúa.

Os traballos financiados pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 227.563,67 euros, tiveron como obxectivo prioritario crear unha rúa na que os peóns gañen relevancia, seguindo a liña estrutural e estética das fases anteriores.

Deste xeito, procedeuse a eliminar o nivel existente entre a estrada e as beirarrúas así como á mellora da iluminación coa execución dunha nova canalización eléctrica, instalación de arquetas e o retranqueo das luminarias para realizar unha nova disposición ao tresbolillo así como a instalación de captafaros led nos pasos peonís.

Ademais levouse a cabo a renovación da rede de saneamento en ambas marxes da rúa, a conexión das acometidas das augas fecais e as conexións á nova rede de drenaxe das baixantes dos tellados así como a instalación de sumidoiros e a separación da rede de augas pluviais da rede de saneamento.

A terceira fase da Avenida de Galicia, finalizados os traballos de extensión da nova capa de rodadura, rematarán coa instalación de novo mobiliario urbano (papeleiras, xardineiras e bancos) e a sinalización completa do tramo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.