As Pontes inicia un obradoiro de autocoidado dirixido ás mulleres en situación de vulnerabilidade

Esta iniciativa realizarase por vía telemática e busca promover aspectos da vída cotiá como o crecemento, o empoderamento ou a xestión das emocións
mujer-preocupada-pensando-en-sus-problemas

O departamento de Igualdade do Concello de As Pontes pon en marcha un obradoiro de autocoidado dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade. O obxectivo desde obradoiro -que se imparte de forma telemática- é potenciar a capacidade de autocoidado, saúde e goce das mulleres participantes nos diferentes ámbitos da súa vida, a través do ioga, a danza e o movemento consciente, a terapia do reencontro e a atención plena.

Todas as actividades mencionadas están encamiñadas a potenciar o crecemento, o desenvolvemento e a autonomía persoal, traballando en aspectos da vida cotiá como a aceptación, o empoderamento, a xestión das emocións ou o coidado corporal.

Dúas veces á semana, durante dous meses, as participantes recibirán información e formación sobre autocoidado, en forma de audio, vídeo ou pdf. Crearase tamén un grupo de whatsapp a través do que se acompañará ás participantes, creando unha rede de apoio onde practicar a expresión e a escoita respectuosa e sen xuízo.

Por outra banda, as mulleres participantes crearán un diario no que irán escribindo as súas experiencias e reflexións sobre o vivido para rematar o obradoiro cunha xuntanza virtual que permitirá integrar todo o aprendido polas participantes.

Esta iniciativa en prol da muller está financiado pola Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, con cargo ás subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.