As Pontes licita as obras de mellora de tres camiño municipais

O investimento, duns 50.000 euros, servirá para ampliar os viais e renovar a capa de rodadura
demarcacion carreteras3

A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou a semana pasada o expediente de licitación das obras de mellora dos camiños municipais en Terbá, O Brixeo e O Cornocelo . Este proxecto, cun orzamento base de licitación de 48.444 euros financiado por AGADER 2020/2021, permitirá mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación destes viais que na actualidade presentan deficiencias estruturais.

Os traballos previstos permitirán a rehabilitación dos camiños de Terbá e O Cornocelo para dotalo dunha óptima calidade tanto superficial como estrutural, conseguindo así lograr a comodidade e seguridade que se esixe neste tipo de viarios así como a ampliación da plataforma do camiño Brixeo.

Realizaranse actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes. Procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada o vial así como ao fresado firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

O afirmado dos camiños municipais realizarase mediante a extensión dunha nova capa de rodadura de formigón bituminoso en Terbá e O Brixeo, e a execución dun primer rego semiprofundo e un dobre tratamiento superficial con grava, continuando có mesmo tipo de afirmado existente na actualidade, no vial do Cornocelo, actuacións que se completarán coa sinalización horizontal e vertical dos tres viarios.

 

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.