As Pontes mobilízase de novo para esixir garantías ás industrias auxiliares de Endesa

Os sindicatos demandaron unha mesa específica para estes traballadores e a creación de máis chan industrial para novos proxectos empresariais

Centos de persoas manifestáronse na tarde de onte polas rúas das Pontes en demanda dunha transición enerxética xusta e na defensa do emprego na industria auxiliar. A mobilización, convocada pola CIG, UGT e CCOO, saíu pasadas as 20.00 horas da Praza do Carme e rematou na Praza Roxa, onde se procedeu á lectura dun manifesto no que se reclamou a creación “dunha mesa específica e permanente para abordar unha solución global e completa” para os traballadores e traballadoras das auxiliares de Endesa.

No manifesto lido ao remate da mobilización denunciouse que esta falta de garantías no emprego demostra “que o compromiso das grandes eléctricas coa denominada Transición Xusta é unha gran mentira, en todas esas centrais pechadas, os compañeirosdas auxiliares están indo directamente ao paro, só levan compromisos verbais de realización de cursos formativos, nada máis, a transición para as auxiliares semella que é o paro, só o paro”.

Neste senso, Alberte Amado apuntou que no caso das Pontes “temos o prazo de un ano -no peor dos escenarios se non avanza o proxecto con biocombustíbeis- para seguir traballando e compensar a redución total ou parcial do peche da central”.  Por iso, urxiu á Xunta e ao Ministerio a que empecen a buscar e a poñer xa enriba da mesa proxectos concretos.

Os sindicatos tamén demandaron á Xunta que inicie o proceso administrativo para a ampliación do chan industrial para poder asentar os posíbeis proxectos que veñan. “Dispor de terreos para esta finalidade é a única maneira de evitar un parón no tempo mentres se desmantela a central”, explicaron.

Salir de la versión móvil