As Pontes recibe 634.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética do pavillón polideportivo

A subvención chega do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía e permitirá mellorar a envolvente do edificio e a iluminación interior
Pavillón Polideportivo As Pontessss

O Concello das Pontes recibirá 634.417 euros para a mellora da eficiencia enerxética do pavillón polideportivo municipal, provintes da achega do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) para proxectos singulares de entidades locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

O proxecto permitirá a mellora  da eficiencia enerxética da envolvente térmica mediante a reforma dos seus peches a través de actuacións en fachadas, cubertas e chans así como a reforma das instalacións de iluminación interior e a producción de enerxía aerotérmica para calefacción, agua quente sanitaria (ACS) e a refrixeración do edificio.

Esta actuación suporá, en palabras da concelleira responsable da área, Maite Méndez, “a reforma casi integral do pavillón polideportivo municipal, mellorando de forma considerable a dotación dun espazo deportivo de referencia na vila. Trátase dunha actuación baseada na procura da sustentabilidade o que suporá un importante aforro enerxético para o Concello das Pontes á vez que económico e medioambiental”

Entre as actuacións previstas contémplase o revestimento da fachada existente con fachada ventilada, a sustitución da cuberta por unha nova de papel sandwich así como a renovación do pavimento da pista polideportiva por tarima flotante de maior aillamento. Con estes traballos conseguirase un aforro estimado do consumo do edificio do 18%. Tamén se mellorará a iluminación interior coa substitución das lámpadas actuais por tecnoloxía LED, reducindo a potencia instalada, pasando de 28 a 12 kW, o que permitirá un aforro estimado do 20%.

Así mesmo procederase á sustitución da caldeira eléctrica actual por unha bomba de calor, dúas unidades de tratamento de aire, un acumulador de inercia, para almacenar o calor procedente da bomba, doce sistemas de ventiloconvectores e a obra civil asociada. Estes traballos farán posible un aforro do 36% no consumo de calefacción, auga quente sanitaria e na refixeración do edificio.

Renovación alumeado público

Esta achega súmase á subvencion de 836.553 euros concedida polo mesmo organimo, en outubro de 2019, para o proxecto de renovación do 80% do alumeado público exterior que actualmente se atopa en fase de licitación.

Este proxecto inclúe a substitución de 1.153 luminarias, provistas con lámpadas de vapor de sodio de alta presión, por luminarias con tecnoloxía LED, de maior eficiencia enerxética. Asemade, tamén se procederá á actualización de 18 cadros de mando co obxectivo de adaptalos á normativa vixente.

Estos traballos suporán, en palabras da concelleira responsable da área, Maite Méndez, “unha diminución da potencia instalada que pasará de 237,98 KW A 120,9 KW e unha significativa redución do consumo (636.661 KW/h) así como un importante aforro económico que rondará os 119.000 euros anuais”

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.