As Pontes rehabilitará un inmoble para crear un espazo socio cultural e lúdico no casco vello da localidade

Cun orzamento de 242.000 euros o Concello pretende recuperar e poñer en valor a zona vella da comarca, ademáis de fomentar a oferta cultural e turística
Rúa da Igrexia 3

O Concello das Pontes iniciou as obras de rehabilitación do inmoble situado no número 3 da Rúa da Igrexa, no casco vello do municipio. Os traballos contan cun orzamento de 242.000 euros e procuran revitalizar unha zona emblemática da comarca a través da creación dun espazo sociocultural e lúdico que se converterá no centro neurálxico do casco da Vila, o núcleo de poboación máis antigo e de maior valor histórico da localidade.

Desde o Concello de As Pontes, apuntan que a través desta rehabilitación quérese fomentar e completar a oferta cultural e turística da Vila e, ao mesmo tempo, dar resposta a unha demanda histórica da Asociación de Veciños Lembranza da Vila, apostando pola recuperación e posta en valor da zona vella do municipio.

As actuacións previstas -co obxectivo de aproveitar ao máximo o espazo existente- prevén en cada planta a creación dunha aula taller e un ámbito multiusos. Na zona central de cada planta, separando os distintos ámbitos, crearase unha zona que albergará todas as comunicacións verticais do edificio (ascensor e escaleiras), os aseos e as zonas de almacenaxe.

Así mesmo, debido ao estado actual do inmoble, levarase a cabo unha rehabilitación integral da edificación que contempla a instalación de todos os elementos necesarios para dotar ao edificio de electricidade, iluminación, telecomunicacións, evacuación de residuos e recollida de pluviais así como de ventilación, fontanería, calefacción e climatización, apostando por sistemas que potencien o aforro e a eficiencia enerxética.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.