As Pontes repartirá durante este mes de abril máis de 30.000 mascarillas entre os veciños

A primeira remesa, de 1.200 unidades, estará destinada aos maiores de 65 anos
e583de5cb458d70081a1e9ee04e1e6b0_f32154

O Concello das Pontes iniciará o luns, 20 de abril, o reparto de mascarillas entre a poboación, maior de 65 anos,  do municipio. Trátase das 1.200 mascarillas de tipo cirúrxico de triple capa, con certificado da Unión Europea para produtos sanitarios postas a disposición dos concellos da provincia pola Deputación da Coruña.

Este reparto gratuíto realizarase en colaboración cos 5 establecementos farmacéuticos da localidade. Repartirase unha mascarilla por persoa que deberá presentar, no momento da recollida, o Documento Nacional de Identidade.

A este número hai que sumarlle ás 30.000 mascarillas, coas mesmas características que as doadas pola Deputación da Coruña, mercadas polo Concello das Pontes e que se recibirán a finais do mes de abril, que serán repartidas entre toda a poboación. Un contrato que reserva a posibilidade de subministración de 30.000 mascarillas máis que chegarían ao municipio no mes de maio.

O obxectivo desta medida é reforzar a seguridade da veciñanza que teña que saír á rúa durante o período de confinamento e desde o Concello lembran que a utilización da mascarillas debe ser sempre complementario ás medidas de distancia interpersoal, hixene de mans e hixene de espazos públicos e privados.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.