As Pontes suspende o cobro dalgunhas taxas municipais

A medida implantarase ata que se decrete o fin do estado de alarma
21551802_1985940951649299_1528025958723050363_o-640x360

O Concello das Pontes, debido á declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo, decidiu proceder ao reintegro de diversas taxas abonadas polos usuarios e usuarias de diferentes servizos públicos municipais.

Así, o Concello das Pontes comunicoulles ás empresas responsables da xestión da Escola Infantil Municipal A Barosa e da Piscina Municipal que procedan á devolución da parte proporcional da cota do mes de marzo, en concepto de servizos non prestados, aos seus usuarios. Asemade, solicitóuselles a suspensión do cobro das cotas mensuais ata que se decrete o fin do estado de alarma.

Pola súa banda, o Concello das Pontes tamén suspende o cobro das cotas mensuais das escolas deportivas e culturais municipais ata que se levante o estado de alarma e procederá á devolución da parte proporcional do mes de marzo polos servizos non ofrecidos.

No caso das escolas municipais con pagos de cotas anuais, o Concello das Pontes reintegrará a parte proporcional da cota,  equivalente ao tempo de vixencia do estado de alarma, tamén en concepto de non prestación dos servizos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.