As Pontes “tingue” de verde a fachada do seu consistorio

A través desta acción súmase ás iniciativas postas en marcha con motivo do Día Internacional Contra o Cancro

 A fachada do Concello de As Pontes iluminarase esta noite (a partir das 21:00 horas) coa cor verde, con motivo do Día Internacional Contra o Cancro que se conmemora hoxe, 4 de febreiro.

A través desta acción, o Concello das Pontes súmase ás iniciativas postas en marcha pola Asociación Española Contra el Cáncer que baixo o lema #Llámalocáncer, busca sensibilizar á poboación sobre a importancia de normalizar socialmente o cancro, deixando de ser un tabú, xa que é algo que afecta a todos e todas directa ou indirectamente.

Salir de la versión móvil