As Pontes xa expediu preto de 60 sancións a veciños por saltarse o confinamento

Farmacias e panaderías locais denuncian que algúns veciños fan recados varias veces ao día

A Policía Local de As Pontes e a Garda Civil xa realizaron máis 150 controles no termo municipal pontés, que se saldaron con cerca de 60 expedientes de denuncia, varios deles por reincidencia dos denunciados.

O rexedor da localidade, Valentín González Formoso, trasladou a súa inquietude pola actitude dalgúns dos seus veciños, que non cumplen debidamente o confinamento. O alcalde explicou que os traballadores de farmacias e panaderías da localidade pontesa quéixanse por ver aos mesmos clientes varias veces ao día facendo recados fora da casa. 

“Sexamos responsables, fagámolo polos profesionais que nos antenden cada día e logo teñen que voltar á casa cos seus fillos e os seus maiores”, insistiu González Formoso. O alcalde tamén recordou que os expedientados serán sancionados conforme á lei con multas que van dos 600 aos 30.000 euros.

Salir de la versión móvil