Cen familias pontesas benefícianse do programa “Eu almorzo no cole”

O goberno local destina máis de 45.000 euros a esta iniciativa, un 11% co curso anterior
comedor_03

Cen son as familias pontesas que se beneficiarán, durante o presente curso escolar, do programa municipal “Eu almorzo no cole”; unha iniciativa posta en marcha polo goberno local no ano 2009 co obxectivo prioritario de axudar ás familias pontesas a compatibilizar a vida laboral e familiar. O Concello das Pontes, a través da Concellería de Benestar Social, destinará no curso 2020-2021, 44.460 euros a este programa municipal, unha cantidade que supón un incremento do 11% con respecto ao curso anterior.

A concelleira responsable da área, Tania Pardo, sinala que “cada vez son máis os pais e nais que, por incompatibilidades horarias, necesitan deixar aos seus fillos e fillas no colexio antes do inicio da xornada escolar, e este programa ten moi boa acollida por parte das familias.

Estas son as razóns principais polas que o goberno local, un ano máis, aposta por incrementar a partida orzamentaria desta iniciativa municipal para, deste xeito, continuar dando resposta ás necesidades da veciñanza, especialmente nun momento complicado como o que estamos a vivir provocado pola pandemia do COVID19”

No colexio Santa María o número de alumnos e alumnas que participan no programa ascende a 15, no caso do colexio A Fraga almorzan, diariamente, 30 alumnos e alumnas, con idades comprendidas entre os tres e os doce anos mentres que no CEIP A Magdalena o número de beneficiarios e beneficiarias do programa “Eu almorzo no cole” ascende 50.

Este programa, posto en marcha no ano 2009, tamén busca promover hábitos saudables entre os rapaces e rapazas beneficiarias, a través de propostas de almorzos baseadas no consumo de froitas, lácteos e cereais e mediante actividades lúdicas complementarias, relacionadas coa dieta e a práctica de exercicio físico, nesta ocasión, adaptadas ás medidas de seguridade e saúde establecidas polas autoridades sanitarias para evitar a propagación do COVID19.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.