Concello, empresarios e sindicatos critican denuncian «a falta de responsabilidade» de Endesa con As Pontes

Explicaron que a compañía está desatendendo aos seus compromisos e mostrando "falta de coherencia" sobre o futuro da central térmica
Reunión de la mesa de Transición Energética de As Pontes
Reunión de la mesa de Transición Energética de As Pontes

A corporación municipal do Concello das Pontes, os sindicatos UGT, CC.OO e CIG, a Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes (Cohempo), a asociación de empresarios SEARA e a Asociación de Transportistas do Carbón de As Pontes critican a falta de coherencia de Endesa sobre o futuro da central térmica instalada no municipio.

Nun comunicado conxunto, as entidades subliñan que a empresa “está xogando coa opinión pública e con As Pontes, trasladando unha mensaxe contradictoria ao manifestar a través do medios de comunicaicón a súa decisión de pechar a planta de As Pontes a mediados do ano 2021, facendo caso omiso ó compromiso que adquirira para procurar alternativas á xeneración de enerxía eléctrica con carbón, no complexo das Pontes, sustituído por biocombustibles».

Así mesmo, todos os membros da Mesa de Transición Enerxética das Pontes botan en falta o compromiso de Endesa co emprego vinculado, “desatendendo as solicitudes que se lle trasladaron para abrir vías de diálogo directo cós traballadores e traballadoras das empresas auxiliares e os transportistas, amosando unha total falta de responsabilidade”.

Os axentes políticos, económicos e sociais que participan nesta mesa de traballo reiteran a necesidade de modificar a Lei do Sector Eléctrico, no tocante á capacidade de acceso de evacuación dos nós da rede e da concesión de uso privativo das aguas nos concellos nos que se ubican centrais térmicas. Deste xeito, a Mesa de Transición Enerxética das Pontes entende que é “necesario, obrigatorio, e urxente introducir aspectos correctores, desde o punto de vista de xustiza social e transición xusta, nos mecanismos de acceso ás redes e ás concesións de auga nos territorios nos que se ubican as centrais térmicas, de forma que os recursos repercutan sobre estos concellos e actúen como vectores de crecemento económico nos territorios afectados”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.