Concentracións de repulsa en As Pontes e Cabanas contra o último crime machista

Os concellos de As Pontes e Cabanas sumáronse onte ás concentracións de repulsa polo último crime machista, o de Clara Expósito, unha lucense asasinada a mans do seu mozo e que xa é o décimo caso deste tipo no que vai de ano en España.

Membros das dúas corporacións, acompañadas por veciños dos municipios concentráronse contra as oito da tarde na praza do Hospital de As Pontes e na casa do concello de Cabanas, onde se podía ler unha pancarta co lema “Cabanas contra a violencia machista”.

Concentración nas Pontes

 

Salir de la versión móvil