Dezanove empresas optan ás obras de mellora da autovía AG-64

A intervención, licitada por máis de 583.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses e comezará no verán
ag64_2

Un total de dezanove empresas veñen de presentar as súas ofertas para acometer as obras de execución dunha nova cuneta na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), ao seu paso polo concello das Pontes, que foron licitadas por máis de 583.000 euros. Esta intervención terán un prazo de execución de 6 meses e o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é comezala este verán.

As actuacións, que se desenvolverán no treito comprendido entre os puntos quilométricos 35+300 e 36+700 da autovía, no término municipal de As Pontes, consistirán na substitución da cuneta actual por outra nova co fin de mellorar o entorno, a situación ambiental e a seguridade viaria.

Este proxecto tamén resolverá os problemas actuais coas augas de escorrentía procedentes dos noiros e da mediana. Ademais renovaranse as marcas viarias e repoñerase a sinalización vertical nos treitos nos que se vexan afectadas polas actuacións.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.