Endesa As Pontes doa 50.000 mascarillas protectoras á Xunta de Galicia

O material foi enviado ao centro loxístico da goberno galego, que despois as distribuirá a concellos e entidades públicas

Endesa doou 50.000 máscaras á Xunta de Galicia, que forman parte do lote adquirido pola compañía ante a emerxencia sanitaria sen precedentes xerada polo Covid-19. “Esta actuación correspóndese co especial arraigamento que Endesa ten en Galicia”, manifestou o director xeneral territorial, Miguel Temboury.

As 50.000 máscaras saíron hoxe da central das Pontes a un almacén da Xunta, cuxo presidente, Alberto Núñez Feijóo, xa manifestou a Endesa o seu agradecemento. O director xeneral territorial de Endesa Noroeste, Miguel Temboury, referiuse á doazón manifestando que “ante unha situación sanitaria sen precedentes, a compañía deseñou un plan de actuación moi ambicioso, no que Galicia ten a consideración que se corresponde coa especial vinculación de Endesa con esta comunidade”.

Esta iniciativa forma parte do Plan de Responsabilidade Pública que deseñou a empresa, dotado con 25 millóns de euros, para axudas directas á compra de material, condicións especiais de subministración eléctrica e doazóns co obxecto de paliar as principais necesidades sanitarias e sociais provocadas pola crise sanitaria. A compañía proporciona así apoio aos servizos públicos poñendo á súa disposición materiais, vehículos e equipos que se poidan requirir para abordar esta emerxencia epidemiolóxica.

Salir de la versión móvil