Endesa suspende indefinidamente o proceso de probas de biocombustibles

Fontes da compañía eléctrica xustifican a decisión en base ao bloqueo da central térmica que os transportistas do carbón están levando a cabo desde o xoves
WhatsApp Image 2020-10-23 at 16.12.57 (2)

Endesa suspende indefinidamente o proceso de probas de biocombustibles coas que avalía se é posible ou non continuar a actividade na central térmica das Pontes a pesar do peche da instalación oficialmente tramitado. Tamén cancela a reunión coas empresas contratistas, prevista para o vindeiro martes e moi desexada para clarificar o futuro do seu persoal.

«Estas medidas son consecuencia da cerrazón do colectivo de transportistas, que despreza o diálogo coa compañía e a colaboración ofrecida para alcanzar unha transición xusta cara á descarbonización en curso», aseguran fontes da compañía.

Desde onte os transportistas do carbón teñen bloqueado os accesos á central térmica e a do ciclo combinado de Endesa en As Pontes. Según o portavoz dos transportistas, Manuel Bouza, intentan «evitar que salga das instalacións maquinaria ligada á transformación da planta de carbón, en concreto dúas bombas destinadas á desulfuradora nos grupos 3 e 4, que a eléctrica renunciou a modernizar». Ademáis, os traballadores auxiliares lamentaron «as mentiras» do Goberno central e da Xunta respecto ás axudas que ían recibir e que «nunca chegaron». «Levamos ano e medio pagando unha flota de camións recén renovada sen ter ningún ingreso», explicaron.

Máis dunha vintena de transportistas teñen bloqueados os accesos á central desde o xoves

A mesmas fontes de Endesa sinalan que a compañía «non pode admitir o bloqueo do seu central por quen expón unhas reclamacións que non está na súa man atender.» Engaden, ademáis, que «a cancelación das probas de biocombustibles e a suspensión do diálogo cos contratistas constitúen unha dolorosa consecuencia que só é achacable aos que impiden a actividade ordinaria na instalación e privan ao persoal do seu dereito ao traballo con normalidade».

Ademáis, o xoves varios responsables da empresa eléctrica explicaron públicamente que «a operación de carga e traslado en camións de dúas bombas de recirculación de lechada que correspondían á nova desulfuradora dos grupos 3 e 4, obra que se parou ao solicitar o peche da instalación, non significa ningún prexuízo para a instalación das Pontes».

Según xustifica a empresa, os equipos que se trasladan necesítanse noutra central da mesma empresa e a central térmica das Pontes pode operar sen as bombas. Ademáis, este equipos tampouco se usan nas probas de biocombustibles en curso. «Os equipos non se precisan nas Pontes porque a obra da desulfuradora dos grupos 3 e 4 está parada e nunca se renovará», insistiron desde a empresa enerxética.

 

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.