Goente acolle este fin de semana unha nova edición da feira do mel e do queixo

Durante o 8 e o 9 de outubro haberá exposicións, degustacións, talleres e charlas
Arquivo - Feira do mel e do queixo de Goente
Arquivo - Feira do mel e do queixo de Goente

A parroquia pontesa de Goente acollerá a próxima fin de semana unha nova edición da Feira do Mel e o Queixo, unha proposta que ten como obxectivo poñer en valor dous dos produtos esenciais da gastronomía do municipio. A cita, organizada polo Concello das Pontes, en colaboración coa Casa do Mel de Goente, Queixerías do Eume e Gandeiría Roidiz, nesta ocasión, en palabras da concelleira de Turismo, Elena López “ busca difundir e potenciar produtos agroalimentarios diferenciados, fomentar o consumo dos produtos locais, crear un espazo de debate sobre o sector no que analizar as novas tendencias do mercado e ofrecer un fluxo de información bidireccional entre persoas produtoras e consumidoras”

A feira preséntase ademais como unha oportunidade para que as persoas visitantes poidan apoiar, de forma directa, a un sector económico que comporta importantes oportunidades de desenvolvemento para o medio rural. A cita que ten como finalidade promocionar e exaltar os produtos da gastronomía pontesa así como dinamizar ou sector primario, comezará, o sábado, 8 de outubro, cunhas xornadas técnicas nas que, segundo Elena López, “quérese, coa axuda das persoas profesionais do sector, achegar ás persoas asistentes as novas realidades no sector produtivo e no ámbito do consumo sostible e responsable”

Así, ás 10:00 horas, Benigno Basteiro, charlará sobre a adaptación ao cambio climático e selección na apicultura, a continuación, ás 11:30 horas, Jaume Cambra falará sobre as oportunidades e retos aos que se enfronta a apicultura ecolóxica e xa pola tarde, ás 17:00 horas celebrarase unha mesa redonda, moderada por Teresa Molina, da Gandería Roidiz sobre a procedencia do leite que chega ás persoas consumidoras O domingo, ás 10:00 horas, comezará a xornada coa apertura dos postos de mel e queixo de produtores locais e chegados desde diferentes puntos da xeografía galega así como dos postos de artesanía e alimentación.

A partir das 12:00 horas celebraranse dous talleres, un de elaboración de pans con queixo do Eume e hidromel e outro plantas para coidar ás abellas, que terán continuidade a partir das 16:00 horas ata as 18:00 horas. Ás 12:30 horas comezará unha mostra de xantares da man do cociñeiro Antonio Díaz, unha proposta a través da que o Concello das Pontes quere poñer en valor a calidade, a versatilidade e as potencialidades do queixo e o mel local, por medio de diferentes degustacións. Asemade, a partir das 13:00 horas habilitarase un servizo de comidas para o público asistente a través dunha pulpería.

Xa ás 16:30 horas, unha discomobil e un espectáculo de zancudos e pompas amenizarán a tarde para dar paso ás 18:00 horas á presentación da Asociación Apícola Infantil da Casa do Mel de Goente “ApiEume, soños do panal”. A continuación, ás 18:30 horas haberá un espectáculo de circo, teatro e malabares. Nesta homenaxe aos produtos ponteses, o público asistente que merque algún producto nos postos instalados na feira participará en sorteos, que se farán ao longo de toda a xornada, de múltiples agasallos.

 

Programación da feira gastronómica
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.