Inaugurada a exposición ‘Mulleres que fixeron As Pontes’

Amosa o papel da muller pontesa ao longo do século XX, desde os albores da industrialización da vila ata a década dos anos 80
A mostra poderase visitar nos xardíns municipais do Campo da Feira
A mostra poderase visitar nos xardíns municipais do Campo da Feira

O Concello de As Pontes inaugurou hoxe nos xardíns municipais do Campo da Feira a exposición Mulleres que fixeron As Pontes. Unha viaxe ao pasado a través de antigas fotografías e recortes de xornais, facilitadas polo Museo Etnográfico Monte Caxado e pola hemeroteca de La Voz de Galicia, que se poderá visitar durante todo o mes de xullo, e que ten como obxectivo homenaxear e recordar a todas aquelas pontesas, tanto ás nacidas na vila como ás que se instalaron no municipio na procura dun futuro mellor.

A exposición, organizada en oito paneis informativos, amosa o papel da muller pontesa ao longo do século XX, desde os albores da industrialización da vila ata a década dos anos 80, afondando en eidos como o laboral, o educativo, o sociocultural e o deportivo. As persoas que se acheguen a gozar desta exposición poderán coñecer a historia de mulleres como Elia Ameneiro, primeira plusmarquista española da modalidade de 1.500 metros lisos do club de atletismo Empresa Nacional Calvo Sotelo, con María e Carmen Formoso Prego, dúas irmáns que recorrían España coas súas obras pictóricas inspiradas moitas delas na nosa vila.

A veciñanza tamén se reencontrará con moitos rostros coñecidos de mulleres que fixeron As Pontes a través do seu traballo, tanto por conta allea como propia, a través da formación dos ponteses máis novas, do deporte, tanto individual como colectivo, das belas artes, da música ou do teatro e mesmo a través da organización das festas da vila.

Desde o Concello, Vicente Roca, responsable da área de cultura, apunta que “esta exposición é unha boa oportunidade para que a xente máis nova da vila coñeza a realidade que lle tocou vivir as súas nais e avoas e que deron forma á sociedade na que hoxe vivimos».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.