O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reuniuse en As pontes con diversos colectivos do tecido produtivo, empresarial e laboral do municipio. No encontro mantido cos produtores locais das Pontes na que houbo representación da apicultura, da agricultura, e da gandeiria de leite ecolóxicas, falouse do modelo de desenvolvimento rural que propón o BNG para Galicia.
Néstor Rego acompañado da portavoz municipal do BNG As Pontes, Silvia Pardo, falaron da necesidade de implementar servizos no rural, de reactivar o Banco de Terras, e de fomentar a incorporación da mocidade, así como da necesidade de modificar a actural PAC. Os produtores locais arrincaron o compromiso das representantes do BNG de fomentar o produto galego de proximidade e ecolóxico. Así como da implementación das sementes e especies forestais autóctonas.
Co Comité de Transición Enerxética, integrado por Concello, sindicatos, empresarios e transportistas, Néstor Rego falou da importancia para Galicia de «ter unha Industria forte e consolidada», así como as iniciativas presentadas no Congreso sobte a tarifa eléctrica galega, e os nodos de evacuación das centrais. Rego cargou boa parte da responsabilidade do peche na Xunta de Galicia e na propia Endesa e destacou como fundamental a creación de máis chan industrial e a consecución de fondos e investimentos para reactivar o tecido empresarial na zona.
Por último o deputado no Congreso e os representantes locais reunironse cos traballadores das empresas auxiliares, colectivo especialmente afectado polo feche da central térmica. As empresas auxiliares expresaron a súa preocupación polo mantemento de emprego na central e polo peso que as súas reclamacións teñen no conflito. Neste sentido, Néstor Rego trasladoulles a importancia de crear unha mesa específica das empresas auxiliares coa fin de falar en concreto das cuestións relativas a mantemento de emprego e acompañamento dos traballadores. Cuestión apoiada polos afectados e que hoxe mesmo será rexistrada no Congreso dos Diputados polo deputado do BNG.