O BNG ve “insuficiente” e “decepcionante” o acordo de transición enerxética para As Pontes

O deputado Néstor Rego critica que non se lles esixa ás empresas cuotas mínimas de mantemento de emprego nin haxa compromisos orzamentarios

O BNG calificou de “decepcionante” o acordo asinado por Goberno español, sindicatos estatais e compañías eléctricas (Endesa, Iberdrola, Naturgy) para consolidar as bases dos convenios de transición xusta. O deputado Néstor Rego recorda que “é un dos retos industriais máis importantes que ten Galicia por diante, ao estar afectada dunha forma transcendental polas repercusións do fechamento da central de As Pontes”.

Dende o BNG sinalan que o acordo ten moitas carencias que deberán ser corrixidas. En primeiro lugar, porque “carece de compromisos orzamentarios” e creen que o compromiso de remisión por parte das empresas de plans de acompañamento “é un brinde ao sol, xa que non se lles exixen mínimos a respecto do mantemento do emprego, das condicións laborais nin de investimentos propios”.

Ademais, explica o deputado do BNG no Congreso, o acordo non recolle medidas suficientes a respecto da industria auxiliar, deixando o seu futuro na man da vontade das empresas, “que realmente non fican comprometidas a nada”.

Salir de la versión móvil