O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello das Pontes rexistou, durante o ano 2019, 1.447 consultas, un 34% máis que o ano anterior, cifra que se traduce en 195 mulleres atendidas. Un total de 129 consultas corresponderon á área xurídica e 1.290 á área psicolóxica e dirección do CIM. No caso da área xurídica, a maior parte das consultas estiveron vencelladas co dereito de familia (réxime económico matrimonial, divorcios, unións extramatrimoniais) e o dereito civil (herdanzas e sucesións, vivenda, alugueiro ou incapacitacións)
As consultas relacionadas cos permisos de residencia, a calificación da discapacidade ou as condicións laborais tamén ocuparon un lugar destacado xunto coas consultas derivadas de espisodios de violencia de xénero ou a prestación de xustiza de balde. Polo que respecta á área psicolóxica, a atención prestada centrouse en terapias e seguimento psicolóxico, tanto individuais como en grupo, terapias coa parella, así como na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.
Según explican desde o goberno local, o traballo desta área estivo encamiñado a realizar un diagnóstico da situación persoal das usuarias e facer un seguimento personalizado para, desde diferentes ámbitos, “ofrecer solucións ós problemas polos que acudiron ó CIM, dádolles unha intervención integral”. No centro de información traballan actualmente unha psicóloga e unha avogada.
Actividades de sensibilización
Co obxectivo prioritario da promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero, desde o CIM puxéronse en marcha diferentes actividades informativas e formativas de cara á sensibilización da veciñanza no principio de igualdade e a prevención da violencia de xénero en todos os ámbitos. Entre estas actividades destacan os obradoiros dirixidos ao alumnado do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria sobre estereotipos de xénero para facer reflexionar aos menores sobre conceptos como a igualdade e sensibilizar á rapazada sobre as desigualdades reais e en contra da violencia machista. Durante o 2019 tamén se deron charlas sobre a endometriose, madurez e sexualidade, se interpretaron obras de teatro, se realizaron talleres de memoria, obradoiros de pilates para embarazadas ou campamentos de concilicación familiar.
Entre as máis de 30 actividades promovidas e apoiadas polo CIM tamén destacan a posta en marcha da campaña “En negro contra as violencias”, unha charla sobre o acceso da muller á lectura e á escritura da man de Aurora Marco ou unha charla coloquio, con motivo do Día Mundial da Muller Rural, orientada a visilibizar a importancia do traballo feminino no ámbito rural e económico na comarca do Eume. .