O Concello das Pontes incrementa en 3,5 millóns de euros o orzamento municipal

O crédito irá destinado a obra pública, formación e estudos técnicos para o desenvolvemento de chan industrial e enerxías renovables
Fachada del Concello de As Pontes
Fachada del Concello de As Pontes

O Concello das Pontes aprobou por unanimidade, esta mañá, durante unha sesión plenaria extraordinaria urxente, un expediente de crédito extraordinario, por valor de 3.564.549,66 millóns de euros, que permitirán aumentar o orzamento local para contribuír á reactivación económica do municipio e afrontar a crise provocada polo COVID 19, cun aumento do investimento en obra pública, enerxías renovables, formación e desenvolvemento de chan industrial.

Así, o Concello das Pontes investirá 1,7 millóns de euros na execución de diferentes obras públicas entre as que destacan a instalación de equipamentos infantís no parque municipal, as obras de instalación de iluminación na zona interior do parque Lesneven, a mellora da seguridade viaria na rúa Monte Medulio, as obras de mellora na entrada do CEIP A Fraga, no cruce da Avenida vda Habana e Rúa Doutor José Varela González, así como a mellora de pavimentos nas rúas Ourense, Rosalía de Castro e A Constitución e a mellora viaria no tramo comprendido entre Avenida da Habana, o Poboado do Barreiro e Polideportivo Municipal.

Mediante este crédito o Concello das Pontes tamén ten previsto executar a mellora do acceso peonil ao lago, a substitución do Punto de Información Turística, a mellora e substitución cerramento do Lago e o mantemento e mellora da sinalización horizontal en vías urbanas xunto co mantemento dos parques infantís municipais.

Ademais na contorna rural levará a cabo a construción zona multideportiva ao aire libre en Bermui, o acondicionamento e mellora do parque infantil de Ribadeume, o acondicionamento do edificio municipal da AA.VV. A Faeira, a rehabilitación e pintado das fachadas no edificio municipal da antiga escola de Ribadeume, a creación dun portal de entrada ao lago na Esfarrapa e a execución dos asfaltados nos viarios da Poupariña, Tras a Serra, Suarriba e Ferreria, entre outras actuacións.

Por outra banda, o Concello destinará unha partida económica de 144.000 euros á formación para persoas desempregadas co obxectivo de contribuír a mellora a súa empregabilidade e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral, atendendo ás demandas do tecido empresarial local.

Finalmente, o Concello dedicará unha partida económica de 300.000 euros a estudos e traballos técnicos para a promoción de chan industrial no Tesouro, Portorroibo e Codesas e unha partida de 609.112,73 euros a investimentos en enerxías renovables derivadas do PACES e do estudio de potencialidade de enerxía renovable do Concello.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.