O Concello de As Pontes pon en marcha a campaña «Próxima Estación: Outonía»

Entre todas as persoas que participen nesta campaña de dinamización comercial e hostaleira realizarase un sorteo de vales
CruzcampoHosteleria

O Concello das Pontes, a través da concellería de Comercio e Hostalería, dirixida por Elena López, e coa colaboración da Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes (COHEMPO) pon en marcha a campaña de dinamización comercial e hostaleira, «Próxima Estación: Outonía. Petisca e merca nas Pontes»

O obxectivo desta campaña é, nun momento complicado e de incerteza, ofrecerlle ao tecido comercial e hostaleiro das Pontes unha nova ferramenta que lle permita incrementar as súas ventas, atraer nova clientela, fidelizar aos compradores e compradoras habituais así como abrir novas vías de comercialización e, ao mesmo tempo, promocionar os produtos locais e de tempada e dinamizar e incentivar a economía local.

A campaña celebrarase entre os días 29 de outubro e 1 de novembro e durante catro días os establecementos comercias das Pontes ofrecerán descontos especiais e promocións e os locais de hostalería servirán diferentes tipos de petiscos onde os fungos e os cogomelos serán os principais ingredientes.

Entre todas as persoas que participen nesta campaña de dinamización comercial e hostaleira realizarase un sorteo de vales trocables nos establecementos participantes. Os locais interesados en participar nesta campaña deben presentala, a través do Rexistro Municipal, previa cita (667 12 93 89 / 667 12 93 80), desde o xoves, 1 de outubro ata o venres, 9 de outubro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.