O Concello de As Pontes reforza os suministros do banco de alimentos

A entidade recibiu máis de 2.200 quilos de alimentos non perecedoiros que serán repartidos entre as familias máis vulnerables do municipio

O concello das Pontes decidiu reforzar o banco de alimentos municipal co obxectivo de contribuír a paliar os efectos económicos e sociais provocados polo  COVID19. Así, o  Concello das Pontes repartirá, a través do departamento de Benestar Social, máis de 2.200 quilos de alimentos non perecedoiros -leite, legumes, arroz, pasta ou cereais- entre aquelas familias pontesas máis vulnerables e en risco de exclusión social por mor da pandemia.

Por outra banda, o ente municipal tamén procederá á repartición de produtos de hixiene do fogar, tales como lixivia ou panos, e de hixiene persoal e íntima como xabón, cepillos de dentes ou desodorizante, entre outros produtos.

Esta iniciativa responde á prioridade do Concello das Pontes de dar resposta ás familias do pobo máis vulnerables, optimizando e impulsando todos os medios e recursos dos que dispón o goberno municipal para evitar que ninguén quede atrás, velando polos veciños e veciñas con menos recursos.

Salir de la versión móvil