O emotivo video do Concello de As Pontes para dar as grazas aos seus veciños

Baixo o lema "Volveremos", a peza audiovisual fai un repaso polos eventos e os lugares más míticos da vila

Baixo o lema “Volveremos” o Concello das Pontes impulsou un vídeo a través do que quere agradecer á veciñanza do municipio o seu comportamento durante o Estado de Alarma e o respecto polas normas de mobilidade e seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.

Esta peza, de dous minutos de duración, trata de facer fincapé no resultado que o comportamento da veciñanza terá sobre cada un deles, sobre as súas vidas e en definitiva, sobre todo o municipio, permitíndolles volver a converterse nos protagonistas da vida das Pontes.

Ao longo deste vídeo, poden verse imaxes dos espazos naturais máis emblemáticos das Pontes, das súas pontes, das rúas da Vila ou do Lago. Completan esta peza audiovisual imaxes de eventos deportivos e culturais, da Feira de Fungos Cogomelos, da Feira do Grelo, dos produtos gastronómicos propios da vila (mel, queixo ou mantecadas), do comercio e da hostalaría e das xentes do pobo.

 

Salir de la versión móvil