O luns se incian as obras da tercera fase na avenida de Galicia de As Pontes

O estacionamento quedará restrinxido en ambas direccións entre a rúa Real e o calexón do Trigo

O Concello das Pontes anunciou que o próximo luns, 17 de febreiro, comezarán as obras de mellora de pavimentos e servizos na avenida de Galicia, Fase III, no tramo comprendido entre a praza do Hospital e a ponte de Isabel II. Os traballos financiados pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 227.563 euros, están encamiñados a crear unha rúa na que os peóns gañen relevancia, seguindo a liña estrutural e estética das fases anteriores.

Con tal obxectivo procederase a eliminar o nivel existente entre a estrada e as beirarrúas, substituír a capa de rodadura existente por aglomerado impreso para aumentar a seguridade e comodidade do viario. A partir do luns, estará prohibido estacionar en ambas marxes da rúa, no tramo comprendido entre a intersección da avenida de Galicia coa rúa Real ata a intersección co calexón do Trigo. A estrada non se pechará ao tráfico rodado.

O proxecto inclúe a mellora da iluminación coa execución dunha nova canalización eléctrica, instalación de arquetas e o retranqueo das luminarias, así como a instalación de captafaros led nos pasos peonís. Ademais está prevista a renovación da rede de saneamento en ambas marxes da rúa. Levarase a cabo a conexión das acometidas das augas fecais e as conexións á nova rede de drenaxe das baixantes dos tellados así como a instalación de sumidoiros e a separación da rede de augas pluviais da rede de saneamento.

 

Salir de la versión móvil