O Mercado de Oportunidades de As Pontes repartirá este fin de semana 600 euros en premios

Estará aberto o sábado e o domingo na avenida da Coruña en horario de mañá e de tarde
73361262_2467118780198178_6472403083849629696_n

O Mercado de Oportunidades Vila das Pontes (MOVA) que se celebrará esta fin de semana, coincidindo coa XXXII Feira de Fungos e Cogomelo, repartirá 600 euros en premios, a través de tarxetas rasca, entre as persoas que realicen compras nos distintos establecementos participantes.

Elena López, concelleira de Comercio sinala que «o MOVA é unha excelente oportunidade para que os establecementos comerciais ponteses poidan incrementar a súas vendas e fidelizar á clientela mentres que á veciñanza e ás persoas visitantes doutros municipios se lles ofrece un escaparate para descubrir novos establecementos e gozar de atractivas ofertas comerciais, promovendo o comercio de proximidade e poñendo en valor a atención ao cliente e o servizo personalizado».

Serán 15 os establecementos que participarán nesta iniciativa, organizada pola Concellería de Turismo, Hostalería, Comercio e Consumo coa colaboración da Asociación de empresarios, comerciantes e hostaleiros COHEMPO, a través da que goberno local quere contribuír á dinamización do sector e á promoción das compras no comercio de proximidadade para aumentar a súa competitividade.

O Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA), situado na avenida da Coruña,  estará aberto o sábado e domingo en horario de mañá, desde ás 10:00 ás 14:30 horas e, en horario vespertino desde ás 16:30 horas ás 20:30 horas. Entre outros, estarán instalados postos de roupa infantil, moda de muller, deportes, agasallos, calzado, complementos, papelería que ofrecerán descontos e promocións especiais nos seus produtos.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.