O novo grado dual de soldadura e caldeiraría de As Pontes promete revitalizar o tecido industrias da zona

O proxecto formativo, que de desenvolverá no IES Plurilingüe Castro da Uz, conta co apoio do Concello, da asociación de empresarios e de industrias locais
Soldadura-Caldereria-scaled

As Pontes contará o próximo curso co grado medio dual de soldadura e caldeiraría, unha ensinanza demandada polo Concello das Pontes, o IES Plurilingüe Castro da Uz, así como a Asociación de Empresarios e Usuarios de Suelo Industrial de As Pontes (Seara) e as empresas Estructuras Metálicas del Norte Siglo XXI S.L., Fitter Montajes Estructurales S.L., Acebrón Calderería S.L., Metalúrgica Pontesa S.L. e Prometal Tecnología e Innovación S.L

Tania Pardo, responsable da área de educación do Concello das Pontes sinala que “se trata dunha moi boa noticia para o noso municipio e responde á demanda que lle trasladamos no mes de xaneiro á Consellería de Educación para amosar o seu compromiso co futuro do noso municipio”. Esta nova oferta formativa permitirá formar profesionais no ámbito da soldadura e caldeirería, a través de formación teórica e práctica, que permita atender ás demandas dun tecido empresarial que solicita man de obra cualificada para vacantes de difícil cobertura».

Para poder implementar este novo curso, o Concello das Pontes dotará ao centro educativo Castro da Uz «das ferramentas técnicas e espazos precisos para a posta en marcha do ciclo formativo» e fara de intermediario co tecido empresarial e os demandantes de emprego para garantir a boa marcha desta nova especialidade educativa.

Por outra banda, a concelleira tamén deu a coñecer que o centro educativa contará para o curso 2020-2021 cun ciclo de FP básica na especialidade de automoción, segundo avanzou a Consellería de Educación ao centro educativo. “A ampliación e mellora da oferta educativa no municipio sempre é unha boa noticia e neste caso aínda o é máis,  xa que este novo ciclo vai servir para mellorar a cualificación  da veciñanza máis nova, mellorar as súas competencias profesionais, potenciando a súa incorporación laboral a un sector con ampla demanda na contorna” indicou Pardo.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.