As Pontes pechará o parque da Fraga para evitar aglomeracións durante a tradicional romaría

O Concello local pechará o parque entre o 23 e 25 de xullo como medida de prevención para evitar calqueira posible brote na comarca
fraga

O Concello das Pontes pechará o parque da Fraga entre o 23 e o 25 de xullo. O obxectivo do peche é evitar as aglomeracións de persoas nos espazos públicos e garantir o cumprimento das normas establecidas polas autoridades sanitarias para impedir a propagación da Covid-19, xa que nesas datas se celebraría a popular romaría da Fraga.

O Concello das Pontes adopta esta medida con carácter preventivo co obxectivo prioritario de velar pola saúde da veciñanza e evitar calquera tipo de concentración nun espazo público municipal que poida provocar un rebrote na vila.

Nese sentido, o concelleiro de Seguridade Cidadá indicou que a pesar da redución drástica do número de contaxios na comarca o virus non se exterminou, e de feito recordou os máis de 100 brotes activos en España. É por iso que desde o Concello chaman á responsabilidad cidadá ademais de extremar as precaucións e contribuir ao cumprimento das normas sanitarias por parte da veciñanza.

Ademais, o Concello das Pontes porá en marcha un dispositivo especial de seguridade, que estará operativo entre o 23 e o 25 de xullo para evitar o acceso á Fraga, a instalación de cabanas e tendas de campaña así como a celebración de merendas populares.

Desde o Concello faise un chamamento a toda a poboación para que se comporte de forma responsable durante as datas nas que se ía celebrar a romaría da Fraga, cumpra cos protocolos e as medidas de seguridade para non poñer en risco a saúde de ningunha persoa.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.